Instalación COMPLETA PARA WINDOWS: Requirimentos mínimos: * Windows XP ou superior * 128 MB RAM (64Mb Mínimo, 256Mb Recomendado) * 200 MB de espazo dispoñible * Resolución 800 x 600 ou superior con polo menos 256 cores Instalación: 1.Executar o ficheiro OOo_2.2.0_Win32_install_gl.exe 2.Prema en *Seguinte* (Next) na pantalla de benvida á preparación da instalación. 3.Elixa o cartafol de destino onde se descomprimirán os ficheiros de instalación do OpenOffice e prema en *Descomprimir*. 4.Unha vez feito isto o programa de instalación arrincará automaticamente. 5.Para comezar a instalación deberá premer en *Seguinte* na pantalla de benvida á instalación. 6.Lea a licenza e escolla *Acepto os termos da licenza*. Prema en *Seguinte*. 7.Encha o formulario da pantalla *Información do usuario*, e prema en *Seguinte*. A información de usuario non é obrigatoria e pode modificarse posteriormente. 8.Escolla *Instalación completa* e prema en *Seguinte*. 9.Escolla os tipos de documentos que desexa utilizar con OpenOffice.org. Prema en *Seguinte*. 10.Para continuar a instalación prema en *Instalar*. 11.Unha vez finalizada a instalación prema en *Concluír*.