Instalación PAQUETE DE IDIOMA PARA WINDOWS: Paquete de idioma galego para OpenOffice: necesita ter instalada a versión 2.2 do OpenOffice en calquera outro idioma. Instalación: 1.Executar o ficheiro OOo_2.2.0_Win32Intel_langpack_gl.exe 2.Prema en *Seguinte* (Next) na pantalla de benvida á preparación da instalación. 3.Elixa o cartafol de destino onde se descomprimirán os ficheiros de instalación do paquete de idioma do OpenOffice e prema en *Descomprimir*. 4.Unha vez feito isto o programa de instalación arrancará automaticamente. 5.Para comezar a instalación deberá premer en *Seguinte* na pantalla de benvida á instalación. 6.Lea a licenza e escolla *Acepto os termos da licenza*. Prema en *Seguinte*. 7.Escolla o cartafol onde está instalada a versión 2.2 do OpenOffice (por defecto xa aparece seleccionado) e prema en *Seguinte*. 8.Para continuar a instalación prema en *Instalar*. 9.Unha vez finalizada a instalación prema en *Concluír*.