Instrucións para a instalación OpenOffice 2.1 en galego para GNU/Linux - Instalación baseada en RPM Requirimentos: * Linux Kernel 2.2.13 ou superior. * XServer (resolución mínima 800x600 e 256 cores) con administrador de ventás (p.ex. GNOME). * PC con procesador Pentium ou compatible. * 64 MB de memoria RAM. * Instalación de glibc2 en versión 2.1.3 ou superior (glibc2 v2.2.1 ou maior para PPC Linux). Instalación baseada en RPM: 1.- Antes de nada deberá desinstalar o OpenOffice.org que teña instalado na súa computadora, tanto sexa o de mancomun.org como o da súa distribución de GNU/Linux. 1.- Descomprima a imaxe nun directorio. Neste exemplo o comando descomprime no directorio actual: tar xvzf OOo_2.1.0_gl_RPM.tar.gz Se é preciso teclee 'su' para ter privilexios de administrador (root). 2.- Teclee cd co nome do directorio onde estean descomprimidos os ficheiros de instalación de OpenOffice.org. 3.- Para instalar deberá teclear o seguinte: rpm-Uvih *.rpm para instalar o OpenOffice.org en galego. 4.- Dentro da carpeta onde están descomprimidos os ficheiros de instalaciónn do OpenOffice.org tamén hai unha carpeta que se chama "desktop-integration" e que contén os arquivos para integrar a instalación do OpenOffice.org co seu sistema GNU/Linux. Entre na carpeta e execute a instalación do paquete que se corresponda co seu sistema operativo GNU/Linux. Por exemplo: -se vostede ten Suse: rpm -Uvih openoffice.org-suse-menus-2.1-6.noarch.rpm -se vostede ten RedHat: rpm -Uvih openoffice.org-redhat-menus-2.1-6.noarch.rpm NOTA: Con esta instalación non necesitará instalar o corrector ortográfico, xa que ven incluído e configurado por defecto para funcionar en galego.