Instrucións para a instalación OpenOffice 2.0.4 en galego para GNU/Linux - Instalación baseada en DEB Requirimentos: * Linux Kernel 2.2.13 ou superior. * XServer (resolución mínima 800x600 e 256 cores) con administrador de ventás (p.ex. GNOME). * PC con procesador Pentium ou compatible. * 64 MB de memoria RAM. * Instalación de glibc2 en versión 2.1.3 ou superior (glibc2 v2.2.1 ou maior para PPC Linux). Instalación baseada en DEB: 1.- Descomprima a imaxe nun directorio. Neste exemplo o comando descomprime no directorio actual: tar xvzf OOo_204_Linux_DEB.tar.gz Se é preciso teclee 'su' para ter privilexios de administrador (root). 2.- Teclee cd co nome do directorio onde estean descomprimidos os ficheiros de instalación de OpenOffice.org. 3.- Se temos a anterior versión 2.0.3, deberemos executar dpkg -i --force-all *.deb Se non a temos instalada procederemos coma antes dpkg -i *.deb NOTA: Esta instalación sustituirá a actual da súa computadora. Con esta instalación non necesitará instalar o corrector ortográfico, xa que ven incluído e configurado por defecto para funcionar co mesmo.