Mac OS X Requirimentos * Power Mac G3 400Mhz ou superior * Mac OS X 10.3.x (10.3.5 recomendado), Mac OS X 10.4.x * 256MB RAM * 400MB espazo en disco * 800 x 600 ou resolución superior con 16.7 millóns de cores * Para a instalación de OpenOffice.org en Mac OS X é preciso ter a aplicación X11.app instalada. Instalación * Montar o ficheiro correspondente ao seu procesador OpenOffice.org-2.3.0_gl_INTEL.dmg para procesadores Intel e OpenOffice.org-2.3.0_gl_PPC.dmg para procesadores IBM * Arrastrar a icona do OpenOffice á carpeta de Aplicacións do Finder e aparecerá a secuencia de instalación. * Prema en "Seguinte" na pantalla de benvida á instalación. * Lea a licenza e escolla "Acepto os termos da licenza". Prema en "Seguinte". * Encha o formulario da pantalla "Información do usuario", e prema en "Seguinte" * A información de usuario non é obrigatoria e pode modificarse posteriormente. * Escolla "Instalación completa" e prema en "Seguinte". * Escolla os tipos de documentos que desexa utilizar con OpenOffice.org. Prema en "Seguinte". * Para continuar a instalación prema en "Instalar". * Unha vez finalizada a instalación prema en Concluír".