Instrucións para a instalación de OpenOffice 2.3.0 en galego para GNU/Linux - Instalación baseada en RPM Requirimentos: * Linux Kernel 2.2.13 ou superior. * XServer (resolución mínima 800x600 e 256 cores) con administrador de ventás (p.ex. GNOME). * PC con procesador Pentium ou compatible. * 128 MB de memoria RAM. * 200 MB de espazo en disco * Instalación de glibc2 en versión 2.2.0 ou superior. Instalación baseada en RPM: 1.- Antes de nada debería desinstalar o OpenOffice.org que teña instalado no seu computador, tanto sexa o de mancomun.org como o da súa distribución de GNU/Linux. 1.- Descarge o ficheiro que se corresponda coa súa arquitectura (X86 para 32 bits e X86-64 para 64 bits) e descomprimao nun directorio. Neste exemplo o comando descomprime no directorio actual: Para 32 bits: tar xvzf OOo_2.3.0_Linux_gl_rpm.tar.gz Para 64 bits: tar xvzf OOo_2.3.0_LinuxX86-64_install_gl_rpm.tar.gz Se é preciso teclee 'su' para ter privilexios de administrador (root). 2.- Teclee cd co nome do directorio onde estean descomprimidos os ficheiros de instalación de OpenOffice.org. 3.- Para instalar deberá teclear o seguinte: rpm-Uvih *.rpm para instalar o OpenOffice.org en galego. 4.- Dentro da carpeta onde están descomprimidos os ficheiros de instalación do OpenOffice.org tamén hai unha carpeta que se chama "desktop-integration" e que contén os arquivos para integrar a instalación do OpenOffice.org co seu sistema GNU/Linux. Entre na carpeta e execute a instalación do paquete que se corresponda co seu sistema operativo GNU/Linux. Por exemplo: -se vostede ten Suse: rpm -Uvih openoffice.org-suse-menus-2.3-9215.noarch.rpm -se vostede ten RedHat: rpm -Uvih openoffice.org-redhat-menus-2.3-9215.noarch.rpm