Instrucións para a instalación de OpenOffice 2.3.0 en galego para GNU/Linux - Instalación baseada en DEB Requirimentos: * Linux Kernel 2.2.13 ou superior. * XServer (resolución mínima 800x600 e 256 cores) con administrador de ventás (p.ex. GNOME). * PC con procesador Pentium ou compatible. * 128 MB de memoria RAM. * 200 MB de espazo en disco * Instalación de glibc2 en versión 2.2.0 ou superior. Instalación baseada en DEB: 1.- Antes de nada debería desinstalar o OpenOffice.org que teña instalado no seu computador, tanto sexa o de mancomun.org como o da súa distribución de GNU/Linux. 2.- Descarge o ficheiro que se corresponda coa súa arquitectura (X86 para 32 bits e X86-64 para 64 bits) e descomprimao nun directorio. Neste exemplo o comando descomprime no directorio actual: Para 32 bits: tar xvzf OOo_2.3.0_Linux_gl_DEB.tar.gz Para 64 bits: tar xvzf OOo_2.3.0_LinuxX86-64_install_gl_DEB.tar.gz Se é preciso teclee 'su' para ter privilexios de administrador (root). 3.- Teclee cd co nome do directorio onde estean descomprimidos os ficheiros de instalación de OpenOffice.org. 4- Para instalar procederemos a teclear: dpkg -i *.deb