Para instalar o dicionario en galego os pasos a seguir son: 1.Descargar o arquivo gl_ES-pack.zip ao disco duro. 2.Abrir o Writer. 3.Escoller no menú Ficheiro, Asistentes, Instalar novos dicionarios. 4.No documento que se abre premer sobre Galego (ou Español se o teu asistente non está traducido ao galego) 5.Premer no botón Executar DicOOo. 6.Marcar a opción "Instalación dun paquete de dicionario xa descargado". 7.Premer no botón Explorar. Buscar o arquivo descargado no paso 1 no noso disco: gl_ES-pack.zip. 8.Premer no botón Seguinte. 9.Escoller o idioma Galician (Spain) 10.Premer Seguinte nas 2 seguintes pantallas. 11.Na pantalla onde aparece a mensaxe "O asistente descomprimirá os dicionarios seleccionados e instalaraos", desmarcar "Non descomprimir os dicionarios que xa están instalados (non actualizar)" para que no caso de ter unha versión antiga do dicionario galego a actualice. 12.Premer Seguinte e logo Rematar. 13.Unha vez finalizado o proceso, pechar o Writer. A seguinte vez que se reinicie xa estará instalado o corrector galego.